Este proxecto formativo está dirixido a todos os interesados,

rapaces e adultos, a partires dos seis anos e sen límite de idade.

TRADICIÓN

A Fundación Banda de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra promulga a valorización, o respeto e a transmisión interxeracional tanto da música, como da tradición galega.

CULTURA

Coñecer a riqueza musical da gaita, zanfona e da percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe onde se combinen coñecementos teorico-practicos sobre as técnicas específicas de interpretación, e os seus valores culturais.

EDUCACIÓN

Na procura da aprendizaxe e perfeccionamento da linguaxe musical a través da participación en actividades musicais, escoita activa e de producción e interpretación propia.

Podes inscribirte neste curso cubrindo este formulario:

3
1
2