A Fundación
Inicio

A Fundación

A Fundación

A Fundación Banda de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra ampara á Banda e a labor formativa da Escola de Gaitas e Percusión.

A Fundación Banda de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra promulga a valorización, o respeto e a transmisión interxeracional tanto da música como da tradición galega. Estas labores son realizadas a través da Banda de Gaitas, activa dende o ano 2001, e da importante labor formativa da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra. Un proxecto formativo, dirixido por Hipólito, creado para dar a coñecer, respectar e transmitir tanto a música como a tradición galega a través da gaita e percusión galega e que conta con cifras tan importantes como estas:

700

ALUMNOS

8

PROFESORES

16

CURSOS

14

ANOS

A Escola de Gaitas nace en 2005, inicialmente coas Escolas do Salnés (Vilanova de Arousa), Deza (Lalín), Morrazo (Cangas), Centro (Pontevedra) e Sur (Vigo) .

A Escola comeza a súa andaina con  278 matrículas, na actualidade estamos preto das 700. En Agosto do 2015 a nova corporación da Deputación de Pontevedra rescinde o apoio a Escola quedando con dúas Escolas, Vigo e Pontevedra.

Hoxe en día, a Escola é un viveiro de alumnos para moitas agrupacións e asociacións muscaís da provincia.

Este proxecto formativo está dirixido a todos os interesados, rapaces e adultos. Alumnos que poderán disfrutar desta formación definindo idade, niveles, etc…

FAITE SOCIO

Manter en funcionamento unha fundación e a sua labor conleva uns grandes gastos económicos. Agora tes a posibilidade de colaborar con nos e obter unha serie de vantaxes das que podras desfrutar como socio.

Se queres vincularte como socio a fundación, por favor, envia o seguinte formulario.

Moitas grazas

Fundación Banda de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra

Formulario de vinculación

Lin e acepto o tratamento dos meus datos nos términos sinalados na cláusula adicional sobre protección de datos
Acepto o envío de comunicacións comerciais sobre produtos e servicios de Escola de Gaitas e Percusión de Provincia de Pontevedra