Matrícula
Inicio

Matrícula

Matrícula

1. A idade para poder asistir as clases será:

  • Gaita: A partir de 8 anos.
  • Pandeireta: A partir de 6 anos.
  • Redobrante: A partir de 6 anos.
  • Música e Movemento: de 3 a 5 anos. (Escola de Vigo)
  • Zanfona: A partir de 8 anos. (Escola de Vigo)
  • Acordeón: A partir dos 8 anos. (Escola de Vigo)
  • Canto tradicional: A partir dos 6 anos. (Escola de Vigo)
  • Corda Pulsada, Bouzouqui e Guitarra: A partir dos 8 anos. (Escola de Vigo)

2. Presentación de solicitudes para inscrición.

Todalas solicitudes de ensinanzas na Escola de Gaitas e Percusión presentaranse online, a través da páxina Web. Poderanlle axudar nas dependencias da Escola.

As matrículas realizaranse en:
• Online na páxina web www.escoladegaitas.es

Nas dependencias da Escola en Vigo e Pontevedra poderanlle axudar a realizar a Inscrición Online.

Escola Central Vigo.
IFEVI Cotogrande Avda. Aeroporto 36318 Vigo.
Tlf. 986 487 020 e 619 550 310

Escola Pontevedra.
Monteporreiro 36162 Pontevedra.
Tlf. 986 487 020 e 619 550 310.

3. Criterios de Admisión.

Os Criterios para a admisión do alumnado, serán o cumprimento das presentes normas e a dispoñibilidade de prazas no grupo correspondente. As prazas na escola son limitadas.

4. Calendario do curso.

O calendario axustarase ás Xornadas festivas e de Vacacións establecidas pola Consellería de educación e Ordenación Universitaria para centros educativos non universitarios.

5. Grupos e Horarios.

Na escola o horario de ensinanzas será entre as 17 e as 22 horas. Os horarios definitivos fixaranse en canto se dispoña da matricula mínima.

A dirección da Escola en función da demanda, proporá a adscrición do alumnado ós grupos ata que estes se completen. Procurarase a homoxeneidade dos niveis, polo que pode, antes do comezo do curso, modificarse o número de grupos dos distintos ámbitos formativos ou niveis e tamén dos horarios para atender adecuadamente a demanda.

6. Prezo:

A matrícula terá un custe de 25€ por instrumento, que se abonará antes de comezar as clases.

As clases terán un custe mensual de 15€ por instrumento. Na segunda matrícula ou segundo instrumento dunha mesma familia tera un desconto de 5 € nas clases mensuais.

As clases de Acordeón o tratarse de grupos de 3-4 persoas o prezo será de 20€

7. Prazo de inscrición:

A partires do 7 de setembro.

8. Comezo das Clases:

Presentación Escola de Pontevedra: Mércores 26 de setembro as 20:00 h.

Presentación Escola de Vigo: Xoves 27 de Setembro as 20:00 h.

Formulario de Matrícula

Cidade de inscripción

Lin e acepto o tratamento dos meus datos nos términos sinalados na cláusula adicional sobre protección de datos
Acepto o envío de comunicacións comerciais sobre produtos e servicios de Escola de Gaitas e Percusión de Provincia de Pontevedra