A BANDA DE GAITAS

A Banda de Gaitas é un dos maiores expoñentes da nosa fundación e todo un referente da música tradicional na nosa comunidade.

A nosa banda leva dende 2001 actuando por todo o mundo cun repertorio composto de composicións tradicionais e temas propios e internacionais, facendo dos seus concertos unha mixtura de modernidade e tradición multicultural.

Se estas interesado en unirte a nosa banda de gaitas, completa o formulario de contacto, non son necesarios coñecemento previos, nos formamoste dende cero.

Traxectoria e historia da Banda de Gaitas

A Banda de Gaitas comezou a súa andaina en 2001 cun repertorio composto de temas tradicionais e composicións propias.

A Banda de Gaitas “Provincia de Pontevedra” comezou a súa andaina no 2001, seleccionando gaiteiros de varias bandas da provincia, todas elas dirixidas por Hipolito Cabezas, como a Ledicia de Mos, Bene Vivere de Bembrive, Concello de Fornelos de Montes e a Banda de Gaitas San Vicente de Barrants (Tomiño).

A indumentaria que utiliza é un traxe de Gala, cun deseño exclusivo para a Banda.

O repertorio esta composto de temas tradicionais recollidos en Cancioneiros Galegos como o de Casto Sampedro e Izenga, temas de autores actuais e composicións propias. Tamén composicións internacionáis que enriquecen os concertos con sabores doutras culturas.

Podes ser membro da banda cubrindo o formulario:

Dende a súa formación a Banda actúa en diversos actos como representación de España ou Galicia en eventos internacionáis como os realizados na República Checa, na Volvo Ocean Race ou no día da Hispanidade en Nueva York.

Dende a súa formación a Banda está actuando en numerosos actos oficiais da Deputación de Pontevedra, así como de concellos de toda a provincia. Destaca a representación de España no 2002 na República Checa, no Campionato de Escolas Navais Militares, acto apadriñado pola súa maxestade Juan Carlos I en Marín e onde participaron 21 países.

Dende o ano 2001 a Banda é un dos participantes entre os milleiros do Dia da Muñeira en Vigo. Tamén participa nos actos do Dia de Galicia, Inauguración das Copas do Mundo de Saltos Hípicos ou na entrega dos galardons “Vigueses Distinguidos” entre outros importantes actos na mesma cidade.

Dende o 2003 asiste á procesión da Virxe Peregrina de Pontevedra, una das mais importantes de toda Galicia, acompañando á corporación provincial.

Nese mesmo ano a Banda foi seleccionada para representar a España no desfile do Dia da Hispanidade na 5ª Avenida de New York, aproveitando a estancia deu concertos na Casa de Galicia en New York, no Centro Español de Newark (New Jersey) e no centro Ourensán de New Jersey.

No 2004 a Banda inaugura a sede do Patronato de Turismo Rías Baixas en Pontevedra, un concerto onde Carlos Núñez toca dous temas coa Banda.

Na Festa do Cocido de Lalín estivo presente nos actos protocolarios sendo felicitada polo alcalde de Madrid Ruiz Gallardón (2005) e por Karlos Arguiñano no 2006.

En 2005 forma parte do espectáculo “A Festa do Mar”, seguido por máis de 20.000 espectadores, un espectáculo multimedia xunto ao gaiteiro Xosé Manuel Budiño, con motivo da saída da Volvo Ocean Race.

Nos seus concertos, ademais de gaitas, pandereitas e bombo utiliza outros instrumentos coma sintetizador, baixo eléctrico, congas, barbuka, chelos e contrabaixo. Actualmente prepara nova Xira de e traballo discográfico.

O 15 de Xullo do 2006 participa na inauguración do Centro Social Caixanova en Pontevedra, coa presencia da súas maxestades os reis de España, onde o rei D. Juan Carlos, saltouse todo o protocolo, e acercouse ó director da Banda para felicítalo e solicitarlle a interpretación de dous temas máis, non previstos na secuencia do acto.

No 2006 a Banda repite nun gran espectáculo no Festival Capodanno Celtico en Milano (Italia) nun multitudinario concerto no Castelo de Sforzesco no pleno centro da cidade xunto a artistas como “Four man and a Dog” e Carlos Nuñez.

En outubro do 2008 participa no Fest de Santa Lucia (Monterrei- Mexico) cunha gran aceptación, realizando 7 concerto de mais de 4.000 personas en cada un deles.

En decembro do 2010 realiza una xira en Suíza, realizando concertos en centros galegos e teatros.

A Banda de Gaitas nos seus concertos, ademais de gaitas en Sib, Redobrantes, pandereitas e bombo, utiliza gaitas en outras tonalidades, sintetizador, baixo eléctrico, congas, barbuka, chelos e contrabaixo.

Actualmente a Banda está preparada una Xira de Concertos polos Teatros mais importantes de Galicia, e seleccionando temas para o que será o seu primeiro traballo discográfico.