Un dos maiores expoñentes da nosa fundación e todo un referente da música tradicional na nosa comunidade é a Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra. Con Hipolito Cabezas á fronte leva dende 2001 actuando por todo o mundo cun repertorio composto de composicións tradicionais e temas propios e internacionais, facendo dos seus concertos unha mixtura de modernidade e tradición multicultural.